1. |
Rexurdir
02:02
|
|||
“Monte Alto, Monte Alto,
patria do Rei Breogán
caeron altos castelos
e moitos máis caerán.
Faro de Hércules se fora
a luz túa roita e guía
ben podes ter por seguro
que outro galo cantaría.”
|
||||
2. |
Ti poderás!
04:23
|
|||
Aínda non aprendiches
que non debes mirar cara atrás
o reloxo non para
e o futuro aínda está por gañar
Xa non aspiras a nada
agora só te conformas
o fácil é renderse
pero tes que volvelo tentar.
Só se perde cando non se loita
Se se loita seguro que ti poderás
Ti poderás!
Moitos son os que empezan
poucos os que rematan
telo que facer ti mesmo
que ninguén che vai axudar
Non importa o que digan
non importa o que pensen
racha con eses medos
e non deixes que volten máis
Só se perde cando non se loita
Se se loita seguro que ti poderás
Ti poderás!
Ti poderás!
Ti poderás!
|
||||
3. |
Galiza baila ska
02:07
|
|||
Galiza baila ska, oi!
Comezou a festa e xa estamos a tocar
a xente da Pobra xa está bailando ska
comezou a festa e xa estamos a tocar
salta, baila… sen parar.
Galiza baila ska, oi!
Comezou a festa e xa estamos a tocar
a xente en Galiza está bailando ska
comezou a festa e xa estamos a tocar
salta, baila… sen parar.
|
||||
4. |
Parvo de máis
03:16
|
|||
Véndeste barato aos que nos rouban
para que sigan a gobernar
carrexas a xente no coche do alcalde
levas catro votiños máis
Nas reparticións está o teu sobre
como che fora prometido
a ver se para o ano, cun pouco de sorte
pode caer algún postiño
Entre tanto narco, o presidente
xa non vai precisar de ti
Que farás agora cando te boten
e che digan “fóra de aquí”?
Canto de atrevida é a ignorancia
pensaches que eses eran amigos
hai moito cacique para repartir
e ninguén xa conta contigo
Es parvo de máis
parvo de máis
parvo de máis
es parvo de máis!
Es parvo de máis …
|
||||
5. |
Ladróns
02:54
|
|||
Traballa, Borbón!
Non quero ladróns!
Non, non!
Non quero!
Non, non!
Ladróns!
Remata outro día, comeza a semana
nun curro de merda no que non podes máis
mentres sae na tele un rei que hai en España,
ese si que sabe vivir sen traballar!
Ten que ser moi fácil vivir como un tirano,
pensando que os seus vicios non os ten que pagar el
a miña bandeira non leva coroa
que se enteren todos que aquí non queremos rei
Non, non!
Non quero!
Non, non!
Ladróns!
Non…
|
||||
6. |
||||
Unha terra que segue viva
ainda que moitos a quixeran enterrar
resiste aos ataques de odio
dende o imperio preténdena eliminar
Os asasinos de culturas
que impoñen outras “en nombre de la unidad”
sempre te van a ter en fronte
e xunto a ti estaremos moitos máis
Son cancións que falan de batallas
un pobo que dun sono debe espertar
os tempos son chegados pra tod@s… Galiza
Son moitos anos de inxustizas
inverno longo que algún día acabará
orgullo, forza e rebeldía
son as túas armas dispostas pra loitar.
Son cancións que falan de batallas
un pobo que dun sono debe espertar
os tempos son chegados pra tod@s… Galiza
Son moitos anos …
Son cancións …
|
||||
7. |
Palestina
03:43
|
|||
Temos que tomar conciencia do que está a pasar
un pobo dos da resistencia, David contra Goliat
son xa moitos anos de ocupación ilegal
hipocresía dos países que din que intentan axudar
Palestina ó final vencerá, libre das cadeas colonialistas
está inxustiza ten que rematar, Palestina ó final vencerá
O terrorismo de estado ten que rematar
un conflicto silenciado remata por estoupar
Gaza e Cisxordania palestinas son e serán
por intereses capitalistas nas súas mans non caerán
Fálase de terrorismo, de xente inmolada
e os primeiros terroristas son os que están no poder
pedras contra tanques nunca serán motivos
as intifadas son as armas do pobo palestino
Palestina ó final vencerá, libre das cadeas colonialistas
está inxustiza ten que rematar, Palestina ó final vencerá
Temos que preguntarnos que motivos pode ter
un país que responde ás pedras con tal contundencia
a resposta é fácil, non ten xustificación
o rencor acumulado contra o pobo equivocado
Palestina ó final vencerá, libre das cadeas colonialistas
está inxustiza ten que rematar, Palestina ó final vencerá
Palestina ó final vencerá…
|
||||
8. |
Non podo parar de bailar
03:09
|
|||
Non podo parar de bailar
non podo parar de bailar
non podo parar de bailar
non podo parar de bailar.
|
||||
9. |
Popurri ska
05:57
|
|||
(O alcalde morreu - Os Diplomáticos de Monte Alto)
Pedro, ontes houbo caña
na manifa pola okupa
non pasarán
Hip hurra! Hip hurra!
Mari, non entende de política
as patacas que cultiva
engordan ao cacique
Que vergoña!
Por ti pra min fun eu
o alcalde morreu
Por ti pra min fun eu
o alcalde morreu
Chema, ontes houbo caña
na manifa pola okupa
non pasarán
Hip hurra! Hip hurra!
Fuco, músico da rúa
alegras a xente
fodedes ao cantar
Aos munipas!
Por ti pra min fun eu
o alcalde morreu
Por ti pra min fun eu
o alcalde morreu
O alcalde morreu!
(Mienten mi amor - Betagarri)
Mienten mi amor
mienten todos, mienten siempre y sin pudor
mienten aunque nos digan que no
Mienten por dios
por la paz, por la justicia y el amor
mienten cuando mientan la razón
Mienten mi amor …
(Cantamos - Skárnio)
As maos cortarom-lhe
ao amigo Victor Jara
pero a sua guitarra
segue dando ecos de som
Cantamos com linguas
que botam faiscas
do lume da inquedança
Manifesta a tua raiba
Por fortuna ainda seguem
nacendo nos povos
"Tupamaros" que luitam
pola justiça
pola justiça
Cantamos com linguas
que botam faiscas
do lume da inquedança
manifesta a tua raiba.
|
||||
10. |
Eterna noite de pedra
02:56
|
|||
Os pais perderon fillos, estes perderon pais
os barcos que os levaron non voltaron xamais
lonxe quedaba a casa onde foron nacer
os sonos deses homes que ninguén puido ver
Pecharonse os camiños so quedaba emigrar
escaparon dos caciques para poder traballar
Os pais perderon …
Pecharonse os camiños …
O pobo foi vendido e tocoulle perder
porque so a valentía non chega pra comer
un século distinto e todo segue igual
estamos condeados a ter que marchar
Pecharonse os camiños …
Pecharonse os camiños …
|
||||
11. |
Guerras por negocios
03:04
|
|||
Para os que pasan fame
Cantamos!!
Para os que queren guerras
Loitamos!!
Fan negocios coa xente
Matando!!
Estamos fartos deles
Moi fartos!!
Cantas mortes levan xa?
Asasinos! Nunca máis!
Para os que pasan fame…
Cantas mortes…
Cantas mortes…
|
||||
12. |
Viva a festa galega
02:05
|
|||
Somos un pobo que ten o sangue quente
e que ferve cando entramos no verán
gústanos o viño e tamén o augardente
convidámoste se nos vemos nun bar
Xa se escoitan os petardos e os foguetes
os da troula sen tempo pra descansar
é Galiza o país das dez mil festas
e os festeiros ainda queremos máis
Temos un verán que moitos xa quixeran
un bo polbo nunca pode faltar
non queremos ver touradas nin capeas
viva a festa galega e popular!
Somos un pobo …
Xa se escoitan …
Temos un verán …
|
||||
13. |
Foucellas
04:28
|
|||
Tempos de paseos de vinganzas e de dor
un home do pobo demostrou o seu valor
o fascismo cruel asesinaba aos desertores
que coma o Benigno lle plantaron cara á morte
Foucellas, Foucellas, Foucellas, sempre presente está!
Contan que era bravo, alegre e traballador
vestíase de cura para ir a Riazor (Depor!)
tivo que botarse ao monte para seguir vivo
polas súas ideas era perseguido
Foucellas …
Un día de marzo o Foucellas foi detido
con dous compañeiros na beira dun río
lévarono preso e despois do torturar
tras un falso xuizo decidírono matar
Foucellas …
Foucellas …
|
||||
14. |
Inmunes ás mentiras
03:32
|
|||
Venden as mentiras disfrazadas de falsas verdades
tan so é aceptada unha maneira de actuar
ocultan, manipulan, distorsionan según a súa vontade
convencen aos que pode, rexeitan a todos os demáis
Pensa por ti, vive na realidade
a contrainformación non poden manipular
ergue a túa voz, defende a liberdade
demóstralles que non te van poder enganar
Existen outros camiños inmunes a toda a falsedade
le e difunde, ti decides a túa forma de actuar
Pensa por ti …
Pensa por ti …
|
||||
15. |
Revóltate + Outra vez
03:46
|
|||
Revóltate!
Cerebros alienados, dirixidos, controlados
acaban conformándose coa merda que lles dan
defende o teu país, aínda que sexas rexeitado
por fascistas camuflados que te intentarán calar
Polo progreso imparable da estupidez
non te deixes nunca coller
Polo progreso …
Polo progreso …
Polo progreso …
Outra vez tirado e sen traballo
outra empresa que xoga contigo
outra vez o estado que o permit
outra vez no paro e sen motivo
Outra xornada que fas doce horas
estás moi puteado e aburrido
“si no está contento usted ya sabe”
di o cacique ó falar contigo
Vas pola rúa e non sabes que facer
algúnha solución terá que haber
de repente atopas diante unha ETT
sabes que vai arder
Vas pola rúa …
Vas pola rúa …
Vas pola rúa …
|
||||
16. |
Un pobo en pé
03:43
|
|||
Non poden, nin van poder!
Cun pobo,cun pobo en pé!
A historia que aprendemos,
esa que inventaron
os que mandaron sempre
e nunca marcharon
Negando o que somos
a base de mentiras
liberando a mente
queda a memoria viva
Non poden, nin van poder!
cun pobo, cun pobo en pé!
Non poden …
A historia que …
Negando o que …
Non poden …
Non poden …
Non poden …
Non poden …
|
||||
17. |
Jimmy Jazz
02:54
|
|||
La pasma anda buscando a Jimmy Jazz
Lo tienes claro -dije- De qué vas?
Si vas buscando
a Jimmy Jazz.
Puso veinte kilos de Goma 3
mando a tomar por culo
que? …
la pasma busca a Jimmy Jazz
La pasma anda …
Puso veinte kilos de Goma 3
mando a tomar por culo
todo un cuartel
la pasma busca a Jimmy Jazz
Luego por la radio oí comentar
que está entre rejas, "que lo han ligao"
después tomé unas copas
con Jimmy Jazz!
|
||||
18. |
Agardando por ti
03:54
|
|||
Aínda se dubidas, a idea que te empuxa
non deixa que te pare é o teu motor vital
Sabes que están aí fora, agardando unha orde
xa teñen preparada unha acusación formal
Torturan sen piedade, preguntan sen resposta
xa fuches condeada sen poderte defender
Pasan lentas as horas, a cabeza resiste
poderán gañar pero nunca convencer
Qué máis da o que ti digas? Eles xa decidiron
A verdade non vale nun estado policial
Molestan os que pensan,molestan os que loitan
pra que non pase nada “oír, ver y callar”
Calar a túa voz sería moito máis fácil
Vivir nunha mentira é deixarse someter
Pero a túa dignidade está sempre por diante
esa é a túa forza con ela non van poder
Xa estamos na rúa
agardando por ti!
Xa estamos na rúa
agardando por ti!
Aínda se dubidas …
Torturan …
Xa estamos …
Xa estamos …
Xa estamos …
|
||||
19. |
A xente do mar
06:00
|
|||
Unha mesta néboa entra polo norte,
o bruar do océano está a chamar por nós
a patria é o mar, a patria é a terra,
somos de Galiza ou somos do Gran Sol
O mar danos vida non durme na noite,
quentan os motores, vai saír o sol
escumas de sal baten na Ribeira,
sopra forte o vento, non se ven os cons
Pra gañar a vida
saen faenar,
loitan nas mareas
É a xente do mar!
Na pel as feridas feitas noutros lances,
ollos que buscan terra no medio do mar
buscade refuxio, pode ser en Bantry,
soñas con chegar pronto ao teu fogar
Pra gañar a vida …
Unha mesta néboa …
Pra gañar a vida …
Pra gañar a vida …
|
TRAPALLADA A Coruña, Spain
Galego:
Banda de ska-punk dende 2004 de Monte Alto (A Coruña, Galiza).
English:
Ska-punk band since 2004 from Monte Alto (A Coruña, Galiza).
© Estudios Rex
Streaming and Download help
If you like TRAPALLADA, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp